Integrar ∫
A Real Academia Española define o termo integrar como:
- Dito de diversas persoas ou cousas: Constituír un todo.
- Completar un todo coas partes que faltaban.
- Facer que alguén ou algo pase a formar parte dun todo.
Por tanto, integrar a prevención consiste na aplicación de criterios de prevención de riscos laborais en todas as actividades da empresa.
O Obxectivo 3 da Estratexia Española de Seguridade e saúde no traballo (2023-2027) consiste en: Mellorar a xestión da seguridade e saúde nas pemes. Unha aposta pola integración e a formación en prevención de riscos laborais, e ten como prioridade: Integrar a prevención de riscos laborais nas pequenas empresas promovendo unha maior implicación de recursos propios.
Con ese obxectivo xurde a iniciativa 100% prevención. Achegar ás empresas, especialmente ás pemes, recursos, ideas, iniciativas e propostas para favorecer a integración preventiva no seu día a día.
Integrar: constituir un todo
En liña co contido da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no traballo, é prioridade preventiva da CEC, axudar ás pequenas e medianas empresas a mellorar as condicións de seguridade e saúde no traballo a través dun liderado activo de todos os axentes.
Un compromiso frme da dirección da empresa coa prevención de riscos laborais, que fomente a participación directa das persoas traballadoras na actividade preventiva, favorecerá a integración da prevención e o arraigamento da cultura da seguridade e saúde na empresa.
O 97% das empresas en Galicia conta con menos de 50 persoas traballadoras e o 95% menos de 26. Por tanto, as pequenas empresas constitúen unha parte fundamental para o desenvolvemento produtivo do noso país en todos os sectores de actividade económica. Esta atomización en pequenas empresas non é allea á súa proxección en termos de sinistralidade, pois o 60% dos accidentes graves e dos accidentes mortais materialízanse en empresas de ata 25 traballadores.
A atomización do tecido empresarial podería verse acentuada polos cambios do mercado laboral e as novas formas de organización do traballo, infuenciadas por unha economía cada vez máis dixital e global.
En canto á modalidade de organización da prevención, e segundo datos da Enquisa Anual Laboral do MITES, practicamente nove de cada dez empresas pequenas recorren a un servizo de prevención alleo, sendo o grupo de empresas de menor tamaño onde é máis frecuente combinar un servizo de prevención alleo coa asunción polo/a propio/a empresario/a ou
con persoas traballadoras designadas.
Por outra banda, e en relación coas actividades preventivas desenvolvidas, a información ás persoas traballadoras en materia de riscos laborais é unha práctica bastante estendida. Atendendo ao tamaño da empresa esta porcentaxe experimenta certas variacións, pasando do 98% en empresas entre 50 e 249 traballadores/as ao 91,4% naquelas microempresas de ata 9 traballadores/as.
As empresas de maior tamaño asócianse a unha maior dispoñibilidade de recursos e medios propios, o que incide positivamente na xestión da seguridade e saúde no traballo. Pola contra, as empresas máis pequenas atópanse a miúdo cos seguintes retos:
- Limitación económica e menor estrutura organizativa.
- Multiplicidade de funcións ou tarefas desenvolvidas por unha mesma persoa.
- Falta de vínculo funcional entre a empresa e os servizos externos con-tratados para a execución de actividades preventivas.
- Difcultades na aplicación da normativa.
- Insufciente adecuación da acción preventiva aos riscos e á nece-sidad de xestión.
- Excesiva carga administrativa e/o documental.
Trátase de retos complexos que requiren o apoio de todos e todas. É necesario achegar a prevención de riscos laborais ás pequenas empresas; que o traballo seguro, con tolerancia cero cara aos accidentes de traballo, se perciba como un elemento impulsor do benestar e o crecemento económico, xerando á súa vez o compromiso no persoal.
Tamén é preciso eliminar, na medida do posible, as barreiras que impiden a integración da prevención na política da empresa e favorecer unha xestión dos riscos proporcionada e efciente. Unha maior integración da prevención de riscos laborais no sistema de xestión repercutirá nunha mellor planifcación, execución e control da actividade preventiva, entendendo que dita integración pode ser efectiva tanto en modelos preventivos internalizados como externalizados, causando un impacto directo na redución da sinistralidade laboral.