Tabla de contidos

100 % Prevención

Aqui tes 100% PRL, un espazo web con ferramentas e recursos preventivos, dirixido fundamentalente ás persoas profesionais da seguridade e saúde laboral, así como a todas as persoas interesadas.

Confiamos en que vos sirva de axuda nos vosos centros de traballo para, entender mellor a xestión preventiva e observala con perspectiva integradora.

Tamén abrimos espazo para a discusión e o debate crítico en materia de seguridade, saúde e traballo.

Contamos para iso coa achega de coñecemento por parte de numerosas figuras crave na xestión preventiva da nosa contorna desde distintos ámbitos: servizos de prevención alleos, propios e mancomunados, empresas grandes e pequenas, locais e internacionais, así como persoal investigador en diferentes proxectos relacionados coa loita contra a sinistralidade laboral e que achegan os seus coñecementos.

Este espazo está á vosa disposición coa axuda da Xunta de Galicia, a través dos fondos para a realización de actividades no ámbito da prevención de riscos laborais, conforme á Lei 31/1995 de PRL.

100% prevención

100%

Definición de cen por cen segundo a RAE: «En su totalidad, del principio al fin»

Segundo a RAE, cen por cen significa: Na súa totalidade, de principio a fin

Así entendemos dende a CEC a PRL. Como un todo. Algo íntegro. O conxunto de todas as cousas.