10 x 10 = 100
Seguindo co número 100, apuntamos unha serie de datos que o definen:
- É a temperatura en graos Celsius á cal a auga ferve a nivel do mar.
- É o número de anos nun século
- É o número de divisións da maioría das divisas do mundo. Por exemplo, un euro divídese en 100 céntimos, unha libra esterlina en 100 peniques, un dólar en 100 centavos.
- Está presente no refrán Quen fai un cesto fai cento e en Máis vale paxaro en man, que cento voando.
- Coloquialmente úsase «centos» para expresar abundancia de algo.
Dende a CEC, queremos elaborar 10 decálogos, (10 x 10 =100) preventivos, ofrecendo regras, consellos e pautas nos diferentes ámbitos da sáude, para impulsar o seu coidado con un enfoque integrador.
Queremos multiplicar as accións preventivas, e atendendo á operación matemática, implica aumentar o número ou a cantidade de cousas da mesma especie.
10 chanzos preventivos
Un decálogo é un conxunto de normas que se consideran básicas para o desenvolvemento de calquera actividade. En seguridade e saúde laboral, contamos con numerosas normas que regulan a actividade preventiva, para garantir a protección da saúde das persoas traballadoras. Coa colección de decálogos 10×10 en PRL, abordaranse normas preventivas e consellos de saúde, para facer unha actividade 100% prevención.